Javier de Pablo: "O Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos quere ampliar a capacidade de chegar a outros espazos, non quedar no académico"

Javier de Pablo (Lugo, 1989) é o responsábel de administración do Instituto Clara Corbelhe de Estudos Críticos Galegos, unha entidade que nace ao abrigo do antigo Espaço Clara Corbelhe como lugar para contribuír á dinamización do debate público galego e á creación de sinerxías académicas para a reflexión crítica sobre o país.