Galicia homenaxea a Castelao no seu 76 cabodano con misas e ofrendas

Xusto un 7 de xaneiro pero de hai 76 anos falecía en Bos Aires –exiliado para fuxir dunha máis que segura pena de morte– Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un dos sobranceiros artistas da Galicia de todos os tempos ademais dun dos pais da patria galega e do galeguismo. Compostela e Rianxo foron dous dos lugares que este mércores acolleron as homenaxes.