Os tractores toman Ourense contra a política agraria da UE, do Estado e da Xunta

As protestas dos labregos e das labregas concentradas en Ourense suman forzas. Após una semana de tractorada, continúan reclamando solucións ás súas problemáticas, marcadas polo acordo UE-Mercosur, polos recortes na PAC anunciados pola Comisión Europea e pola posíbel chegada a Galiza para o verán da DNC.