Cándido Pazó estrea 'Memorias dun neno labrego' nunha nova versión teatral: "É deses clásicos da literatura galega que hai que volver visitar"

"Unha adaptación sinxela e máis coral". A teatralización de 'Memorias dun neno labrego', coproducida polo Centro Dramático Galego (CDG) e Contraproducións, aterrará esta quinta feira no Salón Teatro de Santiago de Compostela cun total de 19 actuacións: 14 en xaneiro e cinco en febreiro.