Delcy Rodríguez normaliza as relacións económicas con calquera país e lembra que Venezuela envía 20% das súas exportacións aos EUA

Actualmente xa hai unha petroleira estadounidense, Chevron, que opera con cru venezolano. En consecuencia, salvando a situación de tensión derivada da agresión estadounidense sobre Venezuela, non se trata de ningunha rareza o feito de que haxa operacións entre empresas estadounidenses (ou de outros países) e a compañía estatal venezolana para a compravenda de petróleo.