Ana Lestón, secretaria nacional da CIG-Saúde: "O Partido Popular ten unha folla de ruta: afogar os servizos públicos"

Ana Lestón vén de ser elixida secretaria nacional da CIG-Saúde, en substitución de Manuel González Moreira, tras o IX Congreso do sindicato. Lestón quere seguir a reivindicar a sanidade pública, demanda máis fondos ao Goberno galego e que o Estatuto marco recolla as remuneracións debidas segundo as categorías profesionais.