A pioneira galega do cinema inda vive, chámase Tini Andrés e foi mestra e xornalista n´A Guarda

Tini Andrés é unha mestra xubilada galega que vive a cabalo de Galicia e Madrid, onde reside parte da súa familia. A través do teléfono, nin imaxinamos que, ao outro lado da liña, fala unha persoa que este xaneiro cumpre 79 anos. Inda que por unha parte recoñece que foi pioneira en moitas cousas (a primeira correspondente do FARO DE VIGO en A Guarda, a primeira muller concelleira no devandito concello...), resta mérito aos traballos que realizou no cinema nos inicios dos anos 70. O cineasta Xurxo Chirro pona no lugar que merece: Ela é a muller pioneira do cinema galego. Así o defende no seu ensaio premiado nos Premios María Luz Morales 2025.