Foi en abril de 1975 cando iniciou a súa actividade a Asociación de Veciños do Calvario coa intención de reclamar melloras para o barrio, un ambulatorio e unha gardaría. Secasí, foi o ano seguinte cando se produciu a eclosión do movemento veciñal vigués con asociacións en Teis, a primeira aprobada (22 de abril de 1976); Lavadores, Cabral, Vigo-Oeste, Vigo-Centro, Cristo da Vitoria, Beade, Sampaio, Candeán, O Rocío, Bembrive, A Florida, Castrelos e San Paio de Navia.