Vanesa Pérez, membro da compañía Ventrículo Veloz: "O obxectivo de Papel 2.0 é facer reflexionar e empatizar cos casos de acoso escolar"

Estudantes de seis centros de ensino asisten esta semana ás representacións en Sada e Oleiros (comarca da Coruña) da obra Papel 2.0 . A través da posta en escena, as protagonistas da función, as actrices Laura Calero e Micaela Portillo, representan unha situación de acoso escolar para poder previlo nas aulas. Nós Diario entrevista Verónica Pérez, produtora da obra, da compañía Ventrículo Veloz, sobre os temas e obxectivos da función.