Descoñecía —e descubrino co filme Nuremberg— que a Igrexa católica pechara en xullo do 1933 un concordato coa Alemaña nazi (Terceiro Reich). Quen comandaba a parte vaticana é o cardeal Pacelli, anos despois papa, Pío XII. Déixase claro que a postura da Santa Sede prioriza o estatus dos católicos e desenténdese do resto de confesións, dos demais habitantes. Resolto isto —e seguindo a liña histórica—, dá a impresión que, por riba das voces dos clérigos alemáns que advertían da deriva totalitaria e das leis racistas e xenófobas do goberno de Adolf Hitler, para a curia romana pesaba máis a postura política defendida polos nazis que as vidas de xudeus, opositores ao réxime e outras xentes sen fe.