EN DIRECTO | Comeza a manobra de reentrada na Terra da misión da NASA que traslada un astronauta enfermo

A cápsula Dragon Endeavour desacoplouse con éxito da Estación Espacial Internacional e iniciou o retorno anticipado á Terra tras detectarse un problema de saúde nun dos tripulantes. É a primeira vez que unha misión da EEI en operación permanente regresa antes do previsto por esta causa.