Manuel Fraga nomeou Julio Iglesias embaixador da Galiza polo Xacobeo 93, cun pago de 300 millóns de pesetas

O nomeamento de Julio Iglesias como embaixador do Xacobeo 93 por parte do Goberno galego presidido por Manuel Fraga volve á actualidade logo de que colectivos de vítimas do franquismo reclamen a retirada desta distinción e a devolución dos fondos públicos percibidos polo cantante, tras as recentes denuncias por agresións sexuais feitas por ex empregadas do seu servizo doméstico.