Mar de Lumes convoca dúas manifestacións en Ferrol en apoio a Bruno Lopes tras ser denunciando pola Garda Civil

O comité galego de solidariedade internacional denuncia unha “persecución política” tras a imputación por delitos de odio do activista Bruno Lopes Teixeiro, derivada duns chíos críticos co Estado de Israel, e anuncia concentracións os días 25 de febreiro e 10 de marzo coincidindo coa súa citación xudicial.