Fillas de Cassandra soben a un Vitrasa para promocionar "Tertúlia", o seu novo álbum

Xa hai datas para o novo material musical de Fillas de Cassandra. Tralo primeiro longa duración, "Acrópole", e despois do E.P. (formato curto) "Hibernarse, chega "Tertúlia", o seu segundo álbum. A previsión é que estea á venda na primavera pero hoxe comezou de xeito oficial o seu lanzamento cun vídeo promocional cheo de misterio. Nel, aparecen María Pérez e Sara Faro nunha parada dun Vitrasa (autobús urbano de Vigo, para os que non son da cidade ou a súa comarca).