Representantes do sector agrogandeiro galego reuníronse esta quinta feira coa conselleira do Medio Rural e coa nova presidenta da Deputación de Lugo para trasladar as súas demandas. Acusan o PP e o PSOE de seren "cómplices" do acordo da UE con Mercosur: "Dannos a razón en Lugo e véndennos en Bruxelas".