Hipólito Barbeito: soño e pesadelo dun aviador

De nai do Mesón do Vento e pai de Carral, onde nace, a vida de Hipólito Barbeito Ramos é unha mestura entre a ledicia dos soños que se cumpren e a tristura de padecer as peores consecuencias do levantamento perpetrado polas forzas franquistas no ano 1936. Conseguiu ser aviador, a súa ansia desde neno, e loitou pola República, algo que o levou a vivir penurias en Francia e Alemaña e, tempo despois, a vivir no exilio na Arxentina.