En 1986 nace un dos grupo máis veteranos da escena musical galega, Luar na Lubre. Bieito Romero (A Coruña, 1964) percorre este tempo, xusto tras chegar dun concerto en Santander, nunha xira de 40 aniversario que tamén vai ter o fito dun novo disco, Lubre , agora que a palabra que define o bosque sagrado onde os celtas celebraban os seus rituais relixiosos, logrou entrar no dicionario da Academia Galega.