Se no centro da práctica artística contemporánea se sitúa o territorio como fío vertebrador, resulta esencial manter aberta a revisión da narrativa sen situarse por riba da historia. Como falar de realidades alleas sen dar por fechadas as súas propias vivencias? A artista Carme Nogueira, no seu estudio de Vigo, achéganos aos últimos proxectos nos que, desde unha posición de escoita, deixa que sexa o espazo impreciso o que fale.