A líder opositora venezolana entregoulle a Donald Trump a medalla do seu Premio Nobel da Paz como recoñecemento político, mentres a Academia sueca lembra que o título non é transferíbel. O xesto prodúcese nun contexto de contactos cruzados con Caracas e co foco posto tamén nas tensións internas dos EUA, con varias mortes recentes baixo custodia da policía antiinmigración.