O cartel do Entroido de Verín, a expresión integradora dunha festa colectiva

O cartel anunciador do Entroido de Verín é unha proposta visual que pon o foco na diversidade e na vivencia colectiva desta celebración. É unha obra de ‘Pruden Tattoo’, proxecto creativo fundado en 2019 por Anxo Varela (Pruden) e Lúa Lomo. Samanta Barreira, concelleira de Cultura, Turismo e Festexos, salienta o valor simbólico da obra e a súa conexión coa identidade local: «O Entroido de Verín é unha festa que se constrúe entre todas e todos, dende a tradición ata as novas formas de vivila. Este cartel reflicte esa pluralidade e esa maneira tan nosa de entender a celebración».