Pepe Barro brinda ao público o seu arquivo persoal após medio século de deseño gráfico

O deseñador Pepe Barro inaugurou esta sexta feira na Fundación DIDAC, en Compostela, 'O arquivo de Barro', unha exposición que reflicte a importancia e singularidade do seu legado creativo após máis de 50 anos de deseño gráfico. A mostra reúne proxectos de gran relevancia e pódese visitar até o mes de abril.