Gonzalo Villarmeá, presidente da Federación Galega de Espeleoloxía: "Desde que puxen o pé por primeira vez nunha cova xa non houbo volta atrás"

Gonzalo Villarmeá (Mondoñedo, 1978), presidente da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE), conta cunha longa traxectoria na práctica desta disciplina. Para contribuír á súa divulgación, hoxe estrea unha nova sección mensual no semanario Sermos Galiza: ‘No ventre da Galiza’.