'Santiago de Compostela 1923-1936' amosa a relevancia da cidade antes da ditadura

A capital galega acolleu esta sexta feira a presentación do libro Santiago de Compostela 1923-1936 , publicado pola Agrupación Cultural O Galo. No acto participaron  tres das autorías desta obra coral, o economista e catedrático de Historia e Institucións Económicas Xoán Carmona, o historiador Ricardo Gurriarán e a historiadora da arte Mercedes Rozas, ademais da concelleira de Capital Cultural, Míriam Louzao.