Un xulgado investiga as denuncias á canteira mariñá da Trindade

A investigación abriuse porque en primeira instancia Adega, en colaboración coa entidade proteccionista Mariña Patrimonio, denunciou en maio de 2025 a canteira mariñá acusándoa de operar “ilegalmente” nunha superficie 10 veces superior á permitida pola Declaración de Efectos Ambientais (DEA), emitida no ano 1997 e que continúa aínda en funcionamento.