A coraxe non sempre fai ruído. Ás veces aparece en xestos pequenos e repetidos: un veo que cae, un cabelo cortado, unha mirada que non se baixa, unha voz que se nega a calar. Así se manifesta a valentía das mulleres de Irán, unha valentía cotiá que desafía un sistema teocrático construído sobre o control dos seus corpos e das súas vidas.