As presidenciais de Portugal, sen favorito claro e cunha previsíbel segunda volta

Portugal escolle este domingo o sucesor de Rebelo de Sousa nunhas eleccións presidenciais inéditas polo número de candidatos e pola mínima distancia entre os principais aspirantes. As enquisas dan a vantaxe ao ultradereitista André Ventura e ao candidato apoiado polo Partido Socialista, Antonio Seguro. Ademais, apuntan a unha segunda volta inevitábel o próximo 8 de febreiro.