Os datos publicados esta sexta feira polo Instituto Galego de Estatística sinalan que Galiza supera os 2,7 millóns de habitantes, un aumento da poboación que ten, entre as causas, a chegada de poboación estranxeira. Na pirámide xeracional priman as persoas que están perto dos 50 anos. O aumento poboacional contrasta co récord de emigración rexistrado en todo o século: 36.704 persoas marcharon da Galiza en 2024.