Dro Fernández, a perla de Nigrán que deixa o Barcelona para xogar... no PSG?

As palabras de Flick deixan entrever que se lle escapa unha das súas xoias da Masia, o galego Dro Fernández, e que non tomou moi ben a decisión do de Nigrán. Todas as apostas indican a que o destino será o PSG, mais o que é case unha certeza é que alguén abonará a cláusula de rescisión e que o xogador terá novos compañeiros, nas próximas horas ou días saberemos quen ao 100%.