.A Deputación de Pontevedra reúne máis de 200 persoas nunha xuntanza en Cerdedo-Cotobade para presentar as liñas de axudas provinciais de Acción Comunitaria para este 2026. O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, xunto co alcalde de Cerdedo-Cotobade e tamén deputado provincial, Jorge Cubela, deron a coñecer os recursos e novidades de +Aqua, +Novaqua e Provincia Comunitaria neste 2026, unhas axudas que se poden solicitar ata o 1 de abril e que nestes dous anos beneficiaron a preto de 40 entidades da vila.