O PSOE de Cerdedo-Cotobade lembra que no pasado mes de setembro o grupo municipal socialista presentou unha moción para a rehabilitación da antiga Casa Escola da Corredoira como vivenda social, unha iniciativa que foi aprobada no pleno coa abstención do PP, «polo que existe un mandato político claro para actuar». Lembra que a proposta socialista «parte dunha realidade incontestable: a Casa Escola é un inmoble municipal inutilizado e en avanzado estado de deterioro, nunha parroquia que sofre despoboamento, e cun acceso principal que permanece roto dende 2019, converténdose nun símbolo do abandono institucional e mesmo nun risco para a seguridade na contorna».