Pablo Quesada e ConTRol expoñen 'Como atraer a luz e deixala dentro': "Como artista interésame moldear materiais con intención, a graza da luz é que non se pode tocar"

Pablo Quesada (Valencia, 2001) presenta na galería Néboa unha orixinal exposición escultórica en colaboración co Colectivo ConTRol coa luz como protagonista. O proxecto, comisariado por Pedro Huidobro, Como atraer a luz e deixala dentro , estará dispoñíbel na galería lucense até o 27 de febreiro.