O BNG pide unha moratoria de 10 anos para novas grandes áreas comerciais

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) reclamou este martes a declaración de Vigo como «zona saturada» de grandes áreas comerciais, así como a aprobación dunha moratoria que impida a apertura de novos macrocentros durante os vindeiros 10 anos. O portavoz municipal, Xabier P. Igrexas, advertiu da «desertización» que está a padecer o comercio de proximidade mentres continúan a proliferar grandes superficies na cidade, con proxectos como os de Cruceiro, Recaré ou o parque comercial e de lecer previsto no PTL de Valadares.