A compañía Chévere leva a memoria de Castelao e de Bóveda a escena

Coas entradas esgotadas desde hai días, a compañía teatral Chévere estreou esta sexta feira, no Auditorio da Galiza de Compostela, Ictus (anatomía de 'A derradeira leición' de Castelao) , unha montaxe que explora a memoria democrática a través da icónica obra do artista. O novo espectáculo trata de desenlear as diferentes narrativas arredor dun cadro que segue a representar unha memoria incómoda