Así será o concurso Novos Valores, que reivindica a música en galego "fronte ao abandono da Xunta"

As e os artistas interesados teñen até o 22 de marzo para presentar tres maquetas de composición propia, un videoclip, unha fotografía e unha breve descrición do grupo. O premio é de 500 euros e a banda gañadora abrirá o Festigal deste ano.