Falece un paciente nas Urxencias do HULA agardando ser ingresado nun novo "colapso" do servizo

Os celadores do hospital lugués denuncian un día máis o "colapso" do servizo que, desta volta, provocou o falecemento dunha persoa que estaba agardando para ser ingresada. Exixen máis persoal e a creación dunha unidade intermedia de preingreso.