A organización da Feira Vegana.gal anunciou que en 2026 non se celebrará unha nova edición do evento, un dos referentes do veganismo e da sustentabilidade en Galiza. A equipa decidiu facer unha pausa para revisar as condicións que permitan garantir a continuidade e a sustentabilidade do proxecto a longo prazo.