Os accidentes marítimos aumentan 10% e rexístrase un cada catro días

A Organización Internacional do Traballo (OIT) considera a de mariñeiro como unha das profesións máis perigosas. Unha afirmación que o comezo do ano 2026 confirma na Galiza: un pesqueiro de Muxía naufragado a 30 millas da Coruña o pasado 9 de febreiro, un mariñeiro de Cangas falecido a bordo dun pesqueiro galego que faenaba no Uruguai, ou dous mariñeiros rescatados dun barco da Guarda que naufragou fronte ao Cabo Silleiro, en Baiona, a semana pasada.