Este sábado faranse dez anos da asemblea do BNG que elixiu como portavoz nacional Ana Pontón (Chorente, Sarria, 1977). Unha década en que a formación nacionalista superou a súa maior crise desde os anos 80 até marcar en 2024 un récord electoral (25 escanos e 467.074 votos). En conta atrás para os comicios municipais e estatais e co arquivo da celulosa de Altri aínda latexando, Ana Pontón acudiu á redacción de Nós Diario para participar dun novo 'Café con Nós'.