A Atención Primaria irá á folga o 12 de marzo para reclamar medidas estruturais contra a "deterioración" da calidade asistencial

Persoal sanitario de Atención Primaria concentrouse esta terza feira, 24 de febreiro, ás portas dos centros de saúde dunha ducia de comarcas para reclamar melloras no servizo de atención ás doentes. Demandan solucións a problemas que arrastran desde hai tempo, tanto nos PAC como nas consultas ordinarias. As protestas volven pór o foco nas axendas de traballo, a escaseza de persoal e as xornadas prolongadas.