A historiadora da arte, curadora, xestora cultural e directora artística da Fundación Didac Mónica Maneiro (nada en Bos Aires, Arxentina, 1976) modera un dos coloquios que hoxe decorren en Compostela no marco da xornada ‘A arte en tempo real, a crítica de arte na Galiza no contexto actual. Novas olladas’. Este ciclo, organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG), reflexiona sobre o sistema artístico galego e está coordinado por Paula Cabaleiro Comesaña e Patricia Verdial Garay.