O CPI Poeta Uxío Novoneyra recupera o léxico tradicional da zona do Courel

‘Palabra no tempo’ xorde dunha iniciativa das aulas de Lingua Galega co obxectivo de recuperar o léxico propio desta zona. "Trátase de frear a desaparición do léxico nun momento no que está contaminado de castelanismos e estranxeirismos”, destaca a docente e coordinadora, Iria Fernández.