Bombeiros e veciños de Ferrol saen á rúa polo incendio de Recimil: "Queremos que se amplíe o persoal do parque e poder dar un servizo con garantías"

Após o incendio no barrio de Recimil, bombeiros e veciños e veciñas mobilizáronse esta quinta feira, 26 de febreiro, en "solidariedade" coas vítimas e para conseguir "melloras no seu posto de traballo". Exixen máis persoal e garantías laborais para evitar outra traxedia como a ocorrida na pasada semana.