Bieito Iglesias, escritor: "Cando escribes relatos tes máis liberdade para xogar cos recursos literarios que nunha novela"

O catedrático de Lingua e Literatura Galega e escritor Bieito Iglesias (Ourense, 1957) vén de publicar O nariz de Cirano e outros nobelos (Aira Editorial), un conxunto de relatos nos que conviven o humor e a nostalxia.