Unto Vello: "Ver xente noviña e da nosa idade con gusto por escoitarnos é marabilloso, son o futuro"

Do azar dun concerto de fin de grao a unha sala Capitol que esgotou as súas entradas en apenas unha semana. Esta é a historia de Unto Vello, proxecto de música tradicional galega de Bieito Pereira e Xabi Gómez. Orixinarios, respectivamente, de Brandeso (Arzúa) e Brens (Cee). Pereira adorna o grupo coa súa voz e percusión, mentres que Gómez, alén da voz e a percusión, tamén acompaña co acordeón. Sempre tendo como base as letras de recollidas, a agrupación pretende co proxecto o obxectivo de posibilitar o baile e influír entre os máis novos.