Inmortalizar o cotián. Colectivo Ruando, un ano de 'street photography' en Lugo

Este 2026 a fotografía fai 200 anos. Conmemórase a primeira imaxe permanente tomada por Nicéphore Niépce en París no 1826, e destacan desde o Colectivo Ruando que esta primeira fotografía foi unha imaxe "de rúa", desde a fiestra da vivenda parisiense de Niépce. Salvando as distancias –1.421 quilómetros entre Lugo e a capital francesa–, o Colectivo Ruando conmemora esta efeméride reivindicando a fotografía de rúa –street photography– e divulgando as escenas cotiás nas rúas de toda a provincia de Lugo "sen posados, sen imposturas, só mirando como flúe a rúa".