Condenado a sete anos de prisión o autor dunha violación a unha moza de 17 anos en Ourense

A Audiencia Provincial de Ourense impuxo unha pena de sete anos de prisión a un home pola violación dunha menor de 17 anos que se atopaba baixo os efectos do alcol. Segundo a sentenza, o condenado, que deixou á vítima tirada na rúa tras a agresión, terá tamén prohibido achegarse ou comunicarse coa moza durante unha década e deberá indemnizala con 18.000 euros.