Rosalía de Castro ao prato

Máis de 30 establecementos comerciais e de hostalería da parroquia de Chapela, en Redondela, participan esta semana na campaña «Chapela, unha fiestra ao mar», unha homenaxe a Rosalía de Castro na que destaca a elaboración de propostas gastronómicas inspiradas na súa figura e que a Fundación Rosalía de Castro pon en valor a nivel autonómico.