A axenda interna das formacións políticas galegas está marcada polos comicios locais de 2027. As organizacións avanzan na conformación das novas candidaturas co obxectivo de concretar os cabezas de cartel nas cidades antes das vacacións de verán. Ourense está chamado a ser o escenario dunha das máis intensas e decisivas batallas das vindeiras eleccións locais.