A Real Filharmonía da Galiza celebra trinta anos cun concerto sorpresa

A Real Filharmonía marca o seu 30º aniversario cun concerto sorpresa, unha das estratexias do seu director titular, Baldur Bronnimann, para achegar a formación á sociedade, adaptarse aos seus hábitos de consumo e reafirmar o seu compromiso coa contemporaneidade e co territorio.