Inicio do proxecto ‘Relevo Xeracional: O Futuro do Mar’

O IES Illa de Tambo, en Marín, acolleu a primeira sesión do proxecto ‘Relevo Xeracional: O Futuro do Mar’ no territorio do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Pontevedra. Comenzaron así ás actividades previstas nos centros educativos da zona. A formación está destinada ao alumnado de 4º de ESO e ten como finalidade achegar a realidade actual do sector marítimo-pesqueiro galego á mocidade, dar a coñecer as opcións formativas existentes , specialmente a Formación Profesional Dual marítimo-pesqueira. Durante a sesión desenvolveuse unha actividade participativa que permitiu ao estudantado coñecer as saídas profesionais vinculadas ao mar, a evolución do sector cara a modelos máis tecnificados e sostibles e a importancia de garantir o relevo xeracional para asegurar a continuidade da actividade pesqueira.